Épisodes

  • Ent. Eva Pazo da asociación Aloia - Magosto en Pazos de Reis
    Oct 22 2026
    Teatro, animación infantil e castañas é a proposta do magosto organizado pola Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis para este domingo. A proposta, no centro cultural Aloia, comezará ás 18 h co grupo de teatro San Fins de Rebordáns coa obra “Ultramarinos norte”; de 18 a 20 h haberá animación infantil con Ludiland, e ás 19 h Castañas e música co grupo de gaitas e percusión Inquedanzas. Así nolo contou Eva Pazo da Asociación Cultural Aloia.
    Afficher plus Afficher moins
    5 min
  • Ent. Marcos Gómez, presidente, e Juan Boo, da Comisión de Festas de Areas | Festas da Virxe do Rosario 2026
    Oct 22 2026
    Areas celebra festas na honra á Virxe do Rosario esta fin de semana. Unhas celebracións que comezan mañá venres e nas que non faltarán a gastronomía e a música. Déronnos os detalles da programación Marcos Gómez, presidente, e Juan Boo, da Comisión de Festas de Areas.
    Afficher plus Afficher moins
    5 min
  • Ent. José Ángel González e José Manuel Solleiro da Coral Ponte das Febres - Festival da Coral da Caída da Folla
    Oct 22 2026
    O Coro Ecos do Castelao de Nirgrán, a Coral Son dos Cantares de Mos e a Coral Ponte das Febres de Ribadelouro darán a benvida ao outono este domingo no Centro Cultural de Ribadelouro co Festival da Coral da Caída da Folla. A Coral Ponte das Febres, que en 2027 cumprirá 25 anos, é a organizadora deste evento. Así nolo contaron dous dos seus membros José Ángel González e José Manuel Solleiro.
    Afficher plus Afficher moins
    7 min
  • Ent. Natalia Lago - Ruta de Samaín da Fada do Aloia
    Oct 21 2026
    O parque natural Monte Aloia acollerá este sábado a ruta "O Samaín galego: lendas e tradicións" con A Fada do Aloia. Será un percorrido para gozar en familia para coñecer as tradicións vinculadas ao Samaín e que é o que se celebra e as súas orixes. A cita será ás 20 h, e os participantes poden ir disfrazados e levar unha cabaza decorada. É preciso inscribirse no 619 96 90 90 cun prezo de 14€ nenos e nenas e 16€ as persoas adultas. Ao remate haberá chocolatada, doces e agasallos para a cativada.
    Afficher plus Afficher moins
    6 min
  • Ent. Fran Sieira, bailarín | Escpectáculo BenQuerer
    Oct 21 2026
    Este venres ás 21 h o Teatro Municipal de Tui acolle BenQuerer, un espectáculo de música, danza e tradición, cun só do baile de Fran Sieira acompañado do dúo musical Caamaño&Ameixeiras. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 12€ e 9€. Hoxe conversamos con Fran Sieira sobre o autocoidado, o amor por un mesmo e polos demais e como se pode transmitir todo isto dende a cultura e a tradición.
    Afficher plus Afficher moins
    8 min
  • Ent. Kawan Álvarez e Xacobe Rodríguez e Mª Jesús Garbín, profesora do IES Indalecio Pérez - 3º Premio Eduemprende Idea
    Oct 21 2026
    Kawan Álvarez e Xacobe Rodríguez, alumnos do ciclo medio de Comercio e Márketing do IES Indalecio Pérez Tizón, gañaron o terceiro premio do concurso Eduemprende Idea dotado con 1000 euros. Hoxe contáronnos en que consiste este proxecto pensado para o sector marítimo e que emprega coma ferramenta a IA para calcular de forma máis precisa as rutas pesqueiras e anticipar acontecementos, o que redundaría na mellora da formación das empresas. Falamos con Kawan Álvarez e Xacobe Rodríguez e coa profesora María Jesús Garbin deste premio e do traballo que realizan. María Jesús Garbín
    Afficher plus Afficher moins
    9 min
  • Espazo Comercio | Cucapuntoes
    Sep 22 2026
    Cucapuntoes cambia a súa ubicación a partir do 3 e outubro. Despois de tres anos na rúa Camilo José Cela, abrirá as súas portas na rúa Rosa Bahamonde. Así nolo contou Salomé Fernández, de Cucapuntoes, no noso Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI.
    Afficher plus Afficher moins
    7 min
  • Ent. Manuel Benito, da Comunidade de Montes de Salcidos | Festa cultural e gastronómica no Monte Torroso
    Sep 21 2026
    A primeira fin de semana de outubro o Monte Torroso, en Salcidos (A Guarda), acollerá a terceira edición da Festa Cultural e Gastronómica. Haberá diversas actividades, como un Concurso de Escultura en Pedra ou unha demostración de talla en madeira con motoserra. Ademais, haberá actuacións musicais con Arume de Malvas, Quedequé ou Os ventos do Minho, entre outros. Hoxe coñecemos toda a programación con Manuel Benito, da Comunidade de Montes de Salcidos, que organiza a festa.
    Afficher plus Afficher moins
    7 min