Description

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
© 2026 Radio Municipal de Tui
Épisodes
  • Ent. Pilar Álvarez e José Montes de SOS Tomiño Baixo Miño | XV Xantar Solidario
    Apr 30 2026
    SOS Tomiño Baixo Miño celebrará o seu XV Xantar Solidario. Este ano celebrarase nas instalacións da adega Altos de Torona en Tomiño. Unha xornada con dobre obxectivo, dar a coñecer o labor de SOS Tomiño Baixo Miño e visibilizar ese traballo, e por outra parte tamén recadar fondos para esta asociación asistencial. Están xa á venda as entradas para a mesa 0 ao prezo de 2€ que inclúe un sorteo. O prezo do xantar é de 28€ para persoas adultas e o infantil de 15€. Así nolo contaron Pilar Álvarez e José Montes de SOS Tomiño Baixo Miño.
    Afficher plus Afficher moins
    8 min
  • Ent. Manuel Rodríguez, presidente, e José Carlos Fernández, adestrador do CF Guillarei | O Guillarei busca o ascenso
    Apr 30 2026
    O Guillarei xogará este domingo ás 18 h no campo da Gándara ante o Pontellas. A victoria este domingo daríalles matemáticamente o ascenso de categoría a Segunda Rexional. Agardan que o campo se encha este domingo para animar ao equipo que dende a súa refundou hai 9 está a piques de ascender. Manuel Rodríguez, presidente, e José Carlos Fernández, adestrador do CF Guillarei, así nolo contaron esta mañá.
    Afficher plus Afficher moins
    6 min
  • Ent. Ricardo Dasilva, presidente da Asociación de Muiñeiros do río Tripes | XXIII Romaría Os Nosos Fariñeiros
    Apr 30 2026
    Mañá celébrase no entorno do río Tripes a XXIII Romaría Os Nosos Fariñeiros: Burros e Muíños, promovida pola Asociación de Muiñeiros do río Tripes. Será unha xornada de lecer entorno a estes elementos patrimoniais, nun entorno natural de gran beleza. O presidente da Asociación do Burro Fariñeiro, dará lectura ao pregón. Ao longo da xornada haberá música, artesanía, gastronomía.... Así nolo contou Ricardo Dasilva, presidente da Asociación de Muiñeiros do río Tripes.
    Afficher plus Afficher moins
    7 min
Aucun commentaire pour le moment