Épisodes

  • Episodio 12: Un domingo con...Elvira FIdalgo!
    May 4 2025
    Boa semana romanic@s! No noso podcast tratamos este domingo un tema un chisco diferente ao da semana pasada. Nesta ocasión centrámonos na lingüística, en concreto en principios da lingüística románica e na configuración das linguas romances. Acompáñanos a nosa profesora Elvira Fidalgo, experta neste tema! A lingua que falas conta cunha incrible historia detrás, escóitanos e...descubre unha nova porta ao mundo!
    Afficher plus Afficher moins
    42 min
  • Episodio 11: Un instrumento medieval...sempre actual!
    Apr 27 2025
    Benvid@s unha semana máis ao noso podcast! Nesta ocasión abordaremos unha cuestión musical, en concreto un instrumento: a zanfona. Sabias que posúe orixe medieval? Ademais, etimoloxicamente procede do latín SYMPHONIA 'concerto'. A nosa compañeira Andrea Mosteiro, do Grao de Galego, acompáñanos para empaparnos de sabedoría acerca da zanfona! Se queres aprender máis sobre a historia deste fermoso instrumento, escóitanos!
    Afficher plus Afficher moins
    34 min
  • Episodio 10: Un café con Tristán e Isolda
    Apr 13 2025
    Tristán e Isolda. Hoxe tomamos café con eles, esperando non beber a poción de amor... Pero de que estará feito este filtro? E cales son as diferenzas entre as versións medievais que transmiten a súa historia?
    Afficher plus Afficher moins
    24 min
  • Episodio 9: Isto é o que facemos en Románicas!
    Mar 30 2025
    Que estudamos en Romanicas? Cales son as materias máis interesantes? Que facemos na clase? Neste episodio, adicado aos amantes dos cotilleos, presentámonos e contámosvos a nosa experiencia!
    Afficher plus Afficher moins
    29 min
  • Episodio 8: Un café con Xenebra...e Lanzarote
    Mar 16 2025
    Hoxe subimos xuntos a Lanzarote na carreta… ou non? Despois dun café con Eneas, é o momento de concedernos unha pausa con Lanzarote e Xenebra. Únete a nós nesta viaxe pola literatura medieval!
    Afficher plus Afficher moins
    25 min
  • Episodio 7: Un café con Eneas
    Mar 9 2025
    Hoxe tomamos un café con Eneas, pero tamén con Dido e Lavinia! Falamos do amor cortés a través do Roman de Eneas. Prepara un café e únete a nós!
    Afficher plus Afficher moins
    23 min
  • Episodio 6: Descubrindo os trobadores con Kuba da Universidade de Cracovia
    Mar 2 2025
    🎙️Románicas non Románticas está de volta! Neste episodio, temos un convidado especial desde a Universidade de Cracovia que nos vai contar todo sobre a lírica e cultura trovadoresca! Quen é "o fillo do panadeiro"? E cantos estilos existían para compoñer e cantar cancións?
    Afficher plus Afficher moins
    32 min
  • Episodio 5: Os Reis Magos na literatura e tradición medieval
    Jan 5 2025
    Benvidos a este novo episodio do noso podcast! Hoxe exploraremos a figura dos reis magos na tradición medieval. Os reis magos, tamén coñecidos como os tres sabios, son figuras fascinantes que inspiraron numerosas lendas e relatos ao longo dos séculos. Durante a Idade Media, a súa historia foi enriquecida con detalles e simbolismos que reflicten as crenzas e as culturas da época. Descubriremos como eran representados na arte, na literatura e nas celebracións relixiosas, e analizaremos o seu significado simbólico e espiritual. Prepárate para unha viaxe no tempo, á descuberta de misterios e marabillas...
    Afficher plus Afficher moins
    10 min