Couverture de Discoteca Lennon no Entroido.

Discoteca Lennon no Entroido.

Discoteca Lennon no Entroido.

Écouter gratuitement

Voir les détails

À propos de ce contenu audio

Esta semana en Relatos Urbanos con Ricardo Terceiro, viaxamos ao corazón das noites de festa da comarca: a mítica Sala Lennon, un auténtico faro da xuventude galega durante décadas. Un espazo que competía en brillo e personalidade con outras salas lendarias como Chanteclair, Dafnys y Cloe, A Condesa, Saturday ou Dona Dana. Recordamos aquelas noites de sábado nas que as mellores orquestras —Canadá, América, Solano— facían vibrar a pista, sempre baixo a batuta de Kiko Torrado, coa súa voz inconfundible polos avisos de micro. E, como non, mergullámonos no Entroido, cando a Lennon repartía algúns dos premios económicos máis altos da contorna nos seus concursos de disfraces. Falamos tamén doutros clásicos da época: os concursos de Miss, as atraccións de primeiro nivel que pasaron polo seu escenario —Mecano, Alaska, Barón Rojo, Mocedades, Tino Casal— e o inesquecible Tekele Show de Piñeiro, que marcaba tendencia e encheu de humor e espectáculo a sala. Pecharémolo lembrando a inevitable decadencia das grandes salas de festas, un fenómeno que transformou para sempre a vida nocturna galega. Un episodio cheo de memoria, música e historias que forman parte da nosa identidade colectiva.
Aucun commentaire pour le moment