Crónica de Galicia 14:10 - 23/02/26
Impossible d'ajouter des articles
Échec de l’élimination de la liste d'envies.
Impossible de suivre le podcast
Impossible de ne plus suivre le podcast
-
Lu par :
-
De :
À propos de ce contenu audio
A Xunta acudirá á Audiencia Nacional para forzar ó goberno a desvela-los argumentos cos que defendeu as prórrogas da AP9 ante a Comisión Europea. O goberno galego non acepta a negativa do Ministerio a trasladarlle os informes enviados no marco do procedemento de infracción a España, e reclamará pola vía xudicial a súa entrega.
Tampouco os opositores ó proxecto de Altri en Palas dan por pechado ese capítulo. Ulloa Viva pide garantías de que non se reactivará o proxecto no futuro, e estudará as vías xurídicas para aseguralo.
Os abogados votan e rexeitan o novo baremo da Xunta para abona-las tarifas da quenda de oficio, que nin sequera abona parte dos novos servizos que deben ofrecer.
A obra de Rosalía recítase no aniversario do seu nacemento por todo o territorio, reivindicando unha muller feminista que defendía a súa lingua e a súa terra. Actos que desfrutamos nunha xornada de ceos abertos, con termómetros, a esta hora, xa primaverais.
Escuchar audio
Vous êtes membre Amazon Prime ?
Bénéficiez automatiquement de 2 livres audio offerts.Bonne écoute !