Épisodes

  • Mochila Sabedora do Salta da Cama
    Apr 13 2026
    Atentas e atentos á pregunta desta semana! PORQUE SE ENRUGAN OS DEDOS, DESPOIS DE ESTAR MOITO TEMPO DEBAIXO DA AUGA? Ademáis, sorteamos a 7ª taza do Salta da cama!! Queremos ler as respostas dos máis curiosos e curiosas da casa! PREMIO Entre as respostas recibidas levaredes: Unha taza do Salta da cama!! ️ un boli de cores de Radio Estrada ✨ pegatinas da emisora e a sorpresa de escoitar o voso nome no programa Sección realizada coa colaboración de Arenaria Coordinación e Coste Cero. Podedes participar enviando a resposta por mensaxe ó whatsapp 606 20 36 20!
    Afficher plus Afficher moins
    2 min
  • Mochila Sabedora 6 de abril
    Apr 7 2026
    A nosa amiga María Calvo, de Arenaria Coordinación, deixanos esta pregunta: Cómo podemos saber a idade dun peixe? Envía a túa resposta ó 606 20 36 20 e o venres entrarás no sorteo da taza do almorzo do Salta da Cama (se participan menores, a resposta debe ser envíada por un adulto responsable)
    Afficher plus Afficher moins
    3 min
  • Mochila Sabedora semana 16 de marzo!
    Mar 16 2026
    Abrimos de novo a Mochila Sabedora! Atención, atención, mentes curiosas da casa! Temos unha nova pregunta para investigar en familia… Por que pensades que os ovos teñen esa forma ovalada? Que misterio se agocha detrás desa forma tan curiosa? Será para que non rueden lonxe do niño? Para que sexan máis resistentes? Ou terá que ver coa maneira en que nacen os pitiños? Queremos ler as vosas teorías! Pensade ben a resposta… porque entre as que acerten sortearemos un premio! PREMIO Entre todas as respostas correctas sortearemos: ☕ unha taza do Salta da Cama ️ un boli de cores de Radio Estrada ✨ pegatinas da emisora ️ e a emoción de escoitar o voso nome no programa! Sección realizada coa colaboración de Arenaria Coordinación e Coste Cero. Podedes enviar a resposta por mensaxe… ou pedirlle axuda á familia para investigar. #MochilaSabedora #SaltaDaCama #RadioEstrada #AprenderXogando #Curiosidades
    Afficher plus Afficher moins
    2 min
  • Resolución da Mochila Sabedora 13 de Marzo
    Mar 13 2026
    A nosa científica María Calvo de Arenaria coordinación preguntou esta semana pola composición do Po (polvo) que se se forma nas nosas casas. Os saltóns e as saltonas investigaron e este foi o gañador... queres coñecelo? escoita o micro espazo!
    Afficher plus Afficher moins
    4 min
  • Mochila Sabedora do Salta da Cama
    Mar 2 2026
    MOCHILA SABEDORA — A PREGUNTA DA SEMANA Atentas e atentos á pregunta desta semana porque ten que ver coas conservas, os alimentos e o sal!! Ademáis, sorteamos a primeira taza do Salta da cama!! Queremos ler as respostas dos máis curiosos e curiosas da casa! PREMIO Entre as respostas recibidas levaredes: ☕ Unha taza do Salta da cama!! ️ un boli de cores de Radio Estrada ✨ pegatinas da emisora e a sorpresa de escoitar o voso nome no programa Sección realizada coa colaboración de Arenaria Coordinación Podedes participar enviando a resposta por mensaxe ou contando coa axuda da familia. #MochilaSabedora #SaltaDaCama #RadioEstrada #AprenderXogando #Curiosidades
    Afficher plus Afficher moins
    3 min
  • O Entroido de San Xulián de Sales, dende dentro
    Feb 18 2026
    No corazón da tradición dos Xenerais da Ulla, San Xulián de Sales (Vedra) volve converterse cada ano nun dos escenarios máis auténticos e vibrantes do Entroido galego. Nesta entrevista conversamos con Andrés, quen nos achega a visión dende dentro dunha festa que combina historia, sátira, participación veciñal e moita emoción. Falamos da preparación, do significado que ten para a parroquia, do papel dos atranques e tamén do futuro dunha tradición que segue moi viva grazas ao compromiso da xente. Unha conversa para entender mellor por que o Entroido da Ulla non é só unha festa: é identidade, memoria e comunidade. Dálle ao play e acompáñanos nesta viaxe polo Entroido de Sales.
    Afficher plus Afficher moins
    11 min
  • Relatos Urbanos con Ricardo Terceiro | A Discoteca Nicol’s, cando a noite era outra cousa
    Feb 16 2026
    Esta semana en Relatos Urbanos viaxamos no tempo ata unha das referencias da noite estradense: a mítica Discoteca Nicol’s, pero a dos tempos de Ramiro Abelleiro, unha etapa que pouco ten que ver coa realidade actual. Ricardo Terceiro reconstrúe a atmosfera daqueles anos: as patillas, os pantalóns acampanados, a bola de luz xirando sen descanso e unha pista onde soaban as seleccións musicais de Kiko Torrado. Falamos dos primeiros pinchadiscos, das sesións vermú, das lentas para arrimar e tamén da creatividade para manter viva a festa nos tempos máis difíciles. Non faltan os recordos dos concursos de baile ao estilo Aplauso ou Fiebre del Sábado Noche, nin nomes propios que forman parte da memoria colectiva, como Fernando Silva. Un percorrido cheo de imaxes, música e emoción que remata coa frase que todos lembran: “o último que barra e que peche ao saír.” Un capítulo de memoria viva sobre como se divertía toda unha xeración… e sobre os lugares que marcaron unha época na nosa vila.
    Afficher plus Afficher moins
    23 min
  • Mochila Sabedora 9 Febreiro
    Feb 9 2026
    En Salta da Cama — Radio Estrada 107.7 FM convidamos aos nenos e nenas a pensar, investigar e divertirse cada día. Como funciona? De luns a xoves, a mesma pregunta Escoita o programa de 8 a 11 da mañá Pensas a resposta… E envíala por WhatsApp: 606 20 36 20 O venres hai premio! Sorteamos un boli de cores de Radio Estrada (e algunha sorpresa máis ) Un concurso educativo feito coa colaboración de Arenaria Coordinación @arenariacoordinacion ⚠️ Aviso importante: Se participa un menor, a resposta debe ser enviada sempre por un adulto responsable. ️ Porque aprender tamén pode ser divertido Arriba, perna cativa!
    Afficher plus Afficher moins
    4 min