Couverture de Relatos Urbanos con Ricardo Terceiro

Relatos Urbanos con Ricardo Terceiro

Relatos Urbanos con Ricardo Terceiro

Écouter gratuitement

Voir les détails

À propos de ce contenu audio

A Sala Gradín foi durante décadas o auténtico centro neurálxico da diversión estradense. Nos anos 60, 70 e 80 converteuse no espazo onde todo acontecía: sala de festas, bodas, banquetes, homenaxes, mítines… Un lugar polo que non hai estradense que non pasase polo menos unha vez. Por Gradín desfilaron as mellores orquestras de Galicia, artistas e grupos coñecidos en toda España e mesmo figuras televisivas da época. Entre eles, Los Mismos, que chegaron a interpretar unha versión de Terra Galega de Os Tamara. Tamén houbo sitio para cantautores, aínda que nalgún caso o Gobernador Civil chegou a cancelar actuacións, como lle ocorreu a Suso Vaamonde, nun episodio xa lendario xunto ao alcalde e ao famoso “niño de carrizo”. A mocidade da Estrada vivía coa ilusión de gastar as súas 500 pesetas mensuais en noites memorables, nunha sala onde era imposible aparcar nun radio de 1 km e onde mesmo había reventa. Gradín acolleu tamén a comida oficial da Festa do Salmón, desfiles de modelos solidarios e innumerables eventos sociais. Neste episodio lembramos tamén a figura de Ramiro Abelleiro, homenaxeado pola súa simpatía e polos seus inesquecibles despistes, tan queridos pola veciñanza. E para pechar este capítulo de Relatos Urbanos, Ricardo Terceiro recolle un emotivo momento: o homenaxe de Dyango á radio, un broche perfecto para unha viaxe pola memoria colectiva da Estrada.
Aucun commentaire pour le moment