Épisodes

  • Radio Voz entrevista á xerente de Coregal
    Mar 26 2026
    A xerente de Coregal, Beatriz González, explica no programa Ecovozsogama (Radio Voz) as orixes deste centro especial de emprego de iniciativa social, que naceu en 1994 a partir dun curso de reciclaxe financiado pola Unión Europea e que hoxe mantén vivo o seu compromiso coa xestión sostible dos residuos e a inclusión laboral.
    Afficher plus Afficher moins
    10 min
  • Un Café con Eva: a coordinadora de Alcer Ourense explica o incremento de persoas socias
    Mar 26 2026
    A Asociación de Loita contra as Enfermidades do Ril (Alcer Ourense), cunha traxectoria de 44 anos, acada por primeira vez nun só ano 40 novas incorporacións de persoas asociadas, un dato que sorprendeu á propia entidade. Escoitamos a Carmen Dorado quen nos explica este aumento de persoas asociadas á entidade.
    Afficher plus Afficher moins
    14 min
  • Un Café con Eva: falamos do programa AUTONOMÍA PLUS
    Mar 26 2026
    Ángela explica para o programa de Radio Voz en que consiste o programa AUTONOMÍA Plus: un servizo integral que impulsa a vida independente das persoas con discapacidade É un recurso transdisciplinar que apoia ás persoas con discapacidade na consecución dos seus proxectos de vida na comunidade. Desenvolvese en Santiago, nas instalacións do CEGADI, e atende a perfís que van desde nenas e nenos que precisan atención temperá ata persoas adultas que precisan reforzar a súa autonomía.
    Afficher plus Afficher moins
    13 min
  • Un Café con Eva: falamos da situación da vivenda
    Mar 26 2026
    A crise da vivenda converteuse nunha das principais alarmas sociais do momento. A escaseza de inmobles dispoñibles, os prezos desorbitados do alugueiro e as vendas inasumibles para moitas familias están a dificultar a emancipación, especialmente entre a mocidade que desexa iniciar un proxecto de vida propio. Para as persoas con mobilidade reducida teñen engadido a falta de vivenda accesible. O coordinador da área de Accesibilidade, Álvaro García, explica cal é a situación.
    Afficher plus Afficher moins
    15 min
  • Falamos para a Radio Galega das demandas que chegaron a COGAMI nun ano
    Feb 26 2026
    Juani Tubío, coordinadora do Servizo de Promoción da Autonomía Persoal de COGAMI, explica en A Crónica Informativos da Radio Galega as principais temáticas das máis de 3.000 demandas recibidas pola entidade ao longo do último ano. A consulta máis recorrente estivo relacionada co certificado de discapacidade, a raíz do cambio de baremo. Esta modificación está a impactar especialmente nas persoas con discapacidade orgánica, xa que en moitos casos supón unha redución da porcentaxe recoñecida. Cando esta queda por debaixo do 33 %, as persoas afectadas deixan de ter acceso a recursos e prestacións aos que anteriormente si podían optar.
    Afficher plus Afficher moins
    9 min
  • A asociación Ámbar fala en Radio Voz das novas vivendas inclusivas
    Feb 25 2026
    A presidenta da asociación Ámbar, Milagros Rey, presentou no programa Un Café con Eva un novo recurso orientado a reforzar a autonomía das persoas con discapacidade. O Concello de Boiro cedeulle á entidade as antigas vivendas de mestres que permanecían en desuso para convertérense nun fogar que permitirá ás persoas con discapacidade desenvolver o seu propio proxecto de vida con maior independencia e apoio adaptado ás súas necesidades. Este paso supón o lanzamento do proxecto Vivendas Inclusivas na zona de Praia Xardín.
    Afficher plus Afficher moins
    13 min
  • Un café con Eva: falamos dos proxectos que desenvolvemos en COGAMI
    Feb 24 2026
    A coordinadora da área de Proxectos, Catuxa Pereira, explica para Radio Voz que COGAMI impulsa cada ano máis de 90 proxectos grazas á captación de financiamento público e europeo, tras presentar unha media de máis de 150 solicitudes anuais a distintos organismos. Estas iniciativas benefician a máis de 15.000 persoas en Galicia en ámbitos como o emprego, a formación, a accesibilidade, a promoción da autonomía persoal, a asistencia persoal ou a atención temperá e ás persoas maiores. Unha parte relevante destes proxectos está vinculada a fondos europeos, que permiten poñer en marcha iniciativas innovadoras como ConVive Rural, RUMBO ou Erasmus+, orientadas a promover a vida independente, evitar a institucionalización e avanzar en educación inclusiva e no uso de novas tecnoloxías aplicadas ás axudas técnicas. O obxectivo é claro: situar sempre á persoa no centro e garantir o seu dereito a vivir con autonomía, seguridade e benestar no seu propio contorno.
    Afficher plus Afficher moins
    14 min
  • Un Café con Eva: Juani Tubío fala das 3.200 demandas chegadas a COGAMI
    Feb 23 2026
    O programa de Radio Voz, Un Café con Eva, entrevista a Juani Tubío, coordinadora da área de Promoción da Autonomía Persoal de COGAMI, para falar das máis de 3.200 demandas tramitadas en 2025. Trátase dun servizo presente en toda Galicia, transversal e considerado a porta de entrada de COGAMI, que permite canalizar as solicitudes a través das diferentes estruturas da entidade para ofrecer respostas personalizadas, incluíndo acompañamento, apoio e todo centrado nas necesidades individuais das persoas. “Cada vez recibimos máis demandas”, explica Tubío, “en gran parte porque hai preto de 1.000 solicitudes relacionadas co certificado de discapacidade, afectadas polos recentes cambios no baremo, que repercuten no proceso de tramitación. Este certificado é clave, xa que é a porta de entrada para que as persoas poidan acceder aos seus dereitos recoñecidos”.
    Afficher plus Afficher moins
    11 min