Épisodes

  • LALINENSES "POLO MUNDO": Pablo Ferreiroa, empresario en Miami
    Feb 19 2026

    Esta mesma semana o Secretario Xeral de Emigración, Fernández Miranda, mantiña un encontro en Miami con Pablo Ferreiroa, lalinense e figura destacada da comunidade galega na Florida / USA, para abordar proyectos futuros en relación co colectivo emigrante galego neste territorio.

    Ferreiroa é un dos empresarios galegos na diáspora que máis ten destacado por afondar no espíritu de colaboración entre empresarios galegos na emigración en entre a poboación galega emigrada, antes en Caracas e agora en Miami.



    Afficher plus Afficher moins
    18 min
  • ARIADNA FERNÁNDEZ, deputada e concelleira polo BNG
    Feb 12 2026

    A piques de chegar ao ecuador da lexislatura no Parlamento de Galicia e a un ano de rematar o actual mandato municipal en Lalín... Lalín e arredores entrevista á deputada e concelleira Ariadna Fernández, que fai balance de actividade e analiza os recentes acontecementos e decisións orgánicas do BNG en Lalín.

    Afficher plus Afficher moins
    31 min
  • A "MODA" DO BIOMETANO CHEGA AO DEZA / Juan Castro Insua
    Feb 7 2026

    O enxeñeiro agrónomo Juan Castro Insua, investigador do Centro de Investigación Agraria de Mabegondo (CIAM) é o invitado desta semana na canle de podcast "Lalín e arredores". O interese de algunhas empresas, por facerse co mercado do biometano e como tentan facer ver como un problema (residuo) os puríns e demáis estercos... no canto dun recurso (fertilizante) é o punto de partida da conversa, coa que abrimos tempada.

    Afficher plus Afficher moins
    34 min
  • LALÍN ARREDORES ARRANCA TEMPORADA...
    Jan 29 2026

    Benvidos... á canle de podcats do portal lalin.net, que se estreara xa nas pasadas eleccións municipais con entrevistas a candidatos, actívase xa como unha cita continua e periódica coa actualidade de Lalín e Deza, a través de entrevistas cos seus protagonistas.

    SEGUENOS!!!!!!

    Afficher plus Afficher moins
    Moins d'une minute
  • ENTREVISTAS AOS CANDIDATOS NAS MUNICIPAIS LALÍN 23: Alba Forno, candidata do PSdeG-PSOE
    Apr 27 2023

    Alba Forno, é a primeira muller candidata á alcaldía de Lalín e, desta volta, ademáis a única muller que encabeza algunha das catro listas. 4 anos de experiencia como concelleira e máis de medio mandato exercendo unha especie de co-portavocía municipal dos socialistas... danlle experiencia e reforzaron un papel de Secretaria Xeral co que asume agora liderar a lista do seu partido nas municipais.

    Afficher plus Afficher moins
    25 min
  • CAMPAÑA MUNICIPAIS 2023: Xosé Crespo Iglesias, candidato PPdeG á alcaldía de Lalín
    Apr 21 2023

    O actual equipo de goberno do PP xestionou un investimento de 84,4 millóns de euros, un 46% máis que no cuadrienio o cuadripartito... así o indicou Xosé Crespo na entrevista para a canle de podcast LALIN E ARREDORES (en Spotify) do portal lalin.net. Para Crespo, un dos maiores méritos foi normalizar as relacións coas outras administracións (Xunta, Deputación e Estado). En materia medioambiental, anunciou a implantación dunha “améndoa central”, que vai configurarse con vías semipeonís de plataforma única, con preferencia peonil; a creación de un alxibe para recuperar augas subterráneas limpas para evitar consumos de agua da traída... unha traída que será reforzada coa captación do Deza por ser a auga mellor da comarca, ainda que perxudique algo a unha especie como o mexillón de río. Negou que as perdas das canalizaciones sexan do 30% do caudal e apuntou que se están reducindo con novas canalizacións. En materia de residuos comprometeu potenciar non só a compostaxe caseira, senón tamén comunitaria en pequeños núcleos urbanos; e no centro implantar o 5º contenedor (orgánico), buscando un xestor axeitado da fracción FORSU.Xustifica a petición de respaldo electoral, para a súa candidatura, en que a alternativa é un "galimatías" no que hasta se levan mal e adican o tempo a repartir a tarta.Xosé Crespo Iglesias (1959), en 1987 foi elixido concelleiro do Partido Popular na lista encabezada por Xosé Cuíña, a quen sucedeu como alcalde de Lalín o 3 de febreiro de 1990. Alcalde de Lalín de 1990 a 2015 e dende 2019. Senador de 2015 a 2019. É o candidato do PPdeG á alcaldía de Lalín.

    Afficher plus Afficher moins
    44 min
  • ENTREVISTA PACO VILARIÑO, Candidato á alcaldía de Lalín polo BNG
    Apr 18 2023

    LALIN E ARREDORES é un podcast que comeza a súa actividade en período electoral, e por iso faino con entrevistas aos diferentes candidatos á alcaldía de Lalín que aceptaron a nosa invitación.

    "O BNG de Lalín concorre ás vindeiras eleccións municipais do 28 de maio cun potente equipo de mulleres e homes, encabezados polo candidato á Alcaldía, Paco Vilariño, que comparten un proxecto de Lalín ilusionante de cara aos vindeiros catro anos. Coma veciños e veciñas de Lalín, todos sabemos que o noso concello entrou en barrena nos último mandato do PP. Día sí e día tamén a veciñanza ten que padecer un goberno do PP irresponsable, incompetente e os delirios dun alcalde que ten convertido este mandato municipal nun xogo do monopoli onde os cartos dos lalinenses van a mans cheas para mercar propiedades privadas de amigos do PP, sin que o goberno local teña proxecto algún de vila". Paco Vilariño, candidato do BNG

    Afficher plus Afficher moins
    34 min
  • ENTREVISTAS ELECTORAIS: Rafael Cuiña, candidato de CxL á alcaldía de Lalín
    Apr 1 2023

    Rafael Cuiña, 51 anos, casado e ten dous fillos. Galeguista e empresario, preside o grupo Aurela, un dos máis grandes da comarca do Deza, que dá traballo a máis de 400 persoas. Alcalde de Lalín, entre os anos 2015 e 2019, etapa da que salienta logros como o saneamento das arcas municipais e a eliminación da débeda que deixou o PP; a consecución dos fondos DUSI, cos que se empezou a deseñar o Lalín do futuro; o impulso e as melloras no rural; o incremento das axudas sociais... ou o éxito na loita que permitiu salvar as Fragas de Catasós. Fillo de Xosé Cuiña... e candidato de CxL á alcaldía de Lalín.

    Afficher plus Afficher moins
    20 min