Épisodes

  • Emociónate CEIP de PETELOS - Mos
    Mar 13 2023
    E chegou o derradeiro programa, e non imos dicir último porque haberá máis, e tivemos a sorte de que nos acompañaran os mellores. A doce voz de Uxía, a arte de Xulio Lorenzo e as Malvelas!!! Como credes que foi este programa??? Divertido, entrañable, emocionante e todo o que te poidas imaxinar. Nel entrevistamos á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a Uxía, a cada unha das Malvelas, tamén a Xulio Lorenzo, ás profes responsables da radio, á atleta Soledad Castro, á ex profesora Balbi e ao arqueólogo Mario que entrou dende Londres para contarnos como van as súas investigacións e estudos. Foi un programa no que aprendemos leccións de vida moi tenras, nos que coñecemos a faceta de locutora de Uxía Senlle, no que nos contaxiamos da ledicia e das gañas de vivir das Malvela, no que a profe Raquel puxo todo o posible e máis para que saira un programa incrible, no que Balbi lembrou como se construíu o centro e como era o ensino hai tantos anos cando ela era mestra nunha pequena escola de aldea... foi un programa no que bailamos, sorrimos, gozamos e todo grazas ao alumnado, ás súas profes, a unha alcaldesa comprometida e ás boas xentes e músicos de Mos que facendo gala dunha inmensa xenerosidade engrandeceron cada minuto. GRAZAS!!!!

    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Afficher plus Afficher moins
    1 h et 20 min
  • Emociónate CEIP Carballedo de Cerdedo-Cotobade
    Mar 13 2023
    Arroupados pola natureza o alumnado do CEIP Carballedo de Cerdedo-Cotobade recibíunos cos brazos abertos dispostos a realizar o programa ·"Emociónate coa Radio" na súa fermosa biblioteca. Alí todas e todos xuntos entrevistamos ao alcalde Jorge Cubela para dar logo a benvida ao deseñador Víctor Rivas. Con él demos entrada a través do fío telefónico ao exitoso escritor Antonio Teijeiro e con eles os dous falamos da escrita, do mundo da ilustración e de como se combinan as diferentes profesións para que nas nosas mans acaben fermosas xoias literarias e de banda deseñada coas que gozar do noso tempo de lecer. Da man dos dous coñecemos o mundo do deseño nos EEUU e como é traballar para diferentes públicos. A escritora Malores Villanueva uníuse á conversa e tamén nos amosou a súa ollada do mundo das verbas e dos libros, da importancia da formación, dos rincóns fermosos de Cerdedo-Cotobade ... Coas titoras e coa dirección do centro educativo despedimos este programa dando paso ás voces das familias e as súas lembranzas de como chegou a radio aos seus fogares.

    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Afficher plus Afficher moins
    1 h et 17 min
  • Emociónate CEP Pedro Caselles Beltrán - Tomiño
    Jan 8 2023
    Este foi un programa cheo de bonitas sorpresas. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, non quixo perder a oportunidade de desfrutar da radio e fíxenos confidencias sobre a súa etapa de estudante tanto na EXB como na Universidade. Eder González, do grupo América, puxo ritmo ás ondas e tocou algúns dos seus temas favoritos e non faltaron as palmas para acompañar. O exalumno Esteban Gómez Español formou parte do equipo e formulou algunhas das preguntas das entrevistas, entre elas, a do deportista e exalumno Manuel Ochoa que ven de acadar a medalla de prata na Copa do Mundo de Slálom Extremo. Adestramento, disciplina e tenacidade son algunhas das claves deste super deportista ao que non lle da medo enfrontarse a calquera proba deportiva. Tamén estivo con nós Gabriel, colaborador de Emociónate coa Radio e propietario da exposición de radios antigas que nos acompañou por todos os centros educativos. Con él descubrimos ese fermoso mundo da radio. A profe de educación física presentounos a Patrulla Verde e xunto ao director despedimos o programa dende un centro no que saben moito de integración e no que traballan a diario para que as persoas con necesidades específicas sexan máis autónomas e mesmo entendidas. Na entrevista explicáronnos como cada semana o alumnado NEAE sae xunto ao seu profesorado a facer a compra ou tomar un almorzo e facer recados precisos para o día a día dunha persoa. Escoiten e terán un día moito mellor!!!

    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Afficher plus Afficher moins
    1 h et 23 min
  • Emociónate CEIP da Ribeira Torneiros - O Porriño
    Jan 8 2023
    O alumnado do CEIP da Ribeira en Torneiros, vivíu o retorno de dous exalumnos moi especiais, o alcalde Alejandro Lorenzo, que se achegou ao centro para ser entrevistado no noso programa e lembrar o seu paso por este colexio. A deportista e xogadora da selección galega e española de balonmán, Verónica Acuña, tamén nos acompañou para contarnos como o balonmán apareceu na súa vida. Foi neste centro onde ela e moitas nenas e nenos tomaron contacto con este deporte da man de Fernando Godoy e Rubén Fernández, adestradores daquela do Club Balonmán Porriño. Hoxe siguen formando parte desta fermosa familia do Club Balonmán pero noutras facetas. Fernando Godoy que lidera unha importante empresa familiar do mundo do granito é patrocinador do Club pero tamén un empresario que leva o nome do Porriño a obras, rúas, edificios, certames e feiras emblemáticas de todo o mundo. Con todos eles falamos do deporte, da actualidade e potencial do Porriño e da infancia. Tamén de como se escoitaba nos 80 a radio. A xornalista e locutora de Radio Vigo, María Díaz, fixo unha parada no seu micro para achegarse aos nosos a través do fío telefónico e ser entrevistada polo alumnado do CEIP da Ribeira de Torneiros. Grazas a todos e todas as que fixestes posible este programa!!! Premede play e desfrutade destas persoas tan entrañables e cheas de boas intencións!!!

    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Afficher plus Afficher moins
    1 h
  • Emociónate CEIP plurilingüe de Quintela - Redondela
    Jan 8 2023
    No CEIP Plurilingüe de Quintela, en Redondela, tiñan todo previsto para a nosa chegada. Unha das mestras é unha experta xornalista que sabía todo o que iamos precisar. Así comezamos o programa entrevistando á alcaldesa Digna Rivas e ao Director Xeral de Faro de Vigo, Rogelio Garrido, e con eles rescatamos as lembranzas da radio nos fogares. Rogelio Garrido falounos da evolución dos medios de comunicación e de como a era dixital mudou a profesión. Como estabamos a falar de xornalismo non quixemos deixar escapar a oportunidade de entrevista ao xornalista e locutor Justo Péon, que durante corenta anos dirixíu o Hoy por Hoy Pontevedra. Se queredes coñecer os seus próximos proxectos non deixedes de escoitar este programa no que nos volveu acompañar Sara Vilas da editorial Galaxia. O mestre Tatán de Tanxarina e artífice do marabilloso Festival Internacional de Títeres de Redondela abríunos as portas ao mundo da ilusión e coñecemos ese marabilloso mundo dos títeres e da creatividade pero tamén do esforzo. Con él e coa dirección do centro educativo despedimos un programa no que non faltou o bo humor. Se levas un artista dentro e che gusta o xornalismo, non deixes de escoitar este programa!!!

    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Afficher plus Afficher moins
    1 h et 26 min
  • Emociónate IES RIBEIRA DO LOURO O Porriño
    Jan 8 2023
    Hoxe fixemos un "Emociónate coa Radio" con locutores e locutoras de luxo. O alumnado voluntario de radio do IES Ribeira do Louro protagonizou este entretido programa no que entrevistamos ao alcalde Alejandro Lorenzo e ao xerente do Clúster de Galicia que nos descubríu ata onde pode chegar o granito do Porriño e a súa potencialidade. Tamén entrevistamos ao gañador do Premio de Textos teatrais Roberto Vidal Bolaño, José Luis Baños, co que coñecemos un pouco máis a fondo o proceso da escrita. A valente Xoana O Campo puxo o momento máis melodioso cantando en directo para todas e todos nós e coa súa doce voz falounos de compromiso e das súas letras reinvindicativas que anceian un mundo máis xusto e igualitario. Co profesorado falamos das opcións educativas que ofrece este centro e co seu profesor do taller de radio rescatamos lembranzas de como chegou a radio aos seus fogares. Parabéns mozas e mozos do IES Ribeira do Louro polo voso traballo!!! Foi xenial traballar con vós. Escoitennos e comprobarano!!!

    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Afficher plus Afficher moins
    1 h et 12 min
  • Emociónate Pintor Antonio Fernández de Tomiño
    Jan 8 2023
    A integración como norma dunha sociedade, como necesidade vital e como regra xeral para andar polo mundo foi o eixo sobre o que virou este programa realizado co alumnado e profesorado do CEIP Pintor Antonio Fernández de Tomiño. Eles e elas decidiron que era unha cuestión tan importante que debíamos xuntos e xuntar reflexionar e afondar nela. Por este motivo, falamos desta cuestión coa alcaldesa Sandra González pero tamén con Rafa, responsable de AVELAíÑA SAÚDE MENTAL e con Feliciano da asociación San Xerome . A nosa saúde mental é moi importante, tanto ou máis ca saúde física. Unha boa educación tamén pode axudar a unha mellor saúde mental, a actitude solidaria, comprensiva e empática dunha sociedade tamén pode contribuír en grande medida a unha boa saúde mental. Visibilizala, normalizala e non sentirse complexo por cuestións de saúde mental é algo no que estas asociacións e o alumnado do CEIP Pintor Antonio Fernández de Tomiño xa traballan. Con nós tamén estivo o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, para adiantarnos os grandes retos e proxectos que afronta o Ensino e tamén para compartir con todas e todos nós as súas lembranzas dos primeiros anos como mestre. Preme play e queda con nós!

    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Afficher plus Afficher moins
    1 h et 2 min
  • Emociónate CEIP Sobrada de Tomiño
    Jan 8 2023
    Música de acordeón e gaita protagonizaron o intenso programa realizado no CEIP Sobrada de Tomiño. Queren emocionarse? Pois non dubiden en escoitar este programa no que o alumnado entrevista á alcaldesa, Sandra González; á veciña e eterna colaboradora Fina; ao presidente da ANPA; á profe Carmela responsable da actividade; aos músicos Mario e Suso e ao xornalista e locutor de Radio Municipal de Tui, Jose Font. Todos e todas eles e elas fan un equipo humano que coopera no día a día para que o centro educativo sexa unha pequena sociedade colaborativa. E fano ben, porque así o sentimos nós ao longo deste programa. Tamén tivemos con nós á Comunidade Veciñais en Man Común de Sobrada que quixo ofrecernos o fermoso auditorio da súa casa para realizar este programa. Grazas a todas e a todos por darnos esta importante lección de traballo en equipo!!!

    Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.

    Afficher plus Afficher moins
    1 h et 15 min