Cover of Contamos Galicia

Contamos Galicia

Contamos Galicia

By: Arquivo de memoria oral
Listen for free

Season's Savings | 0.99 €/month for 3 months

5.99 €/month thereafter - terms apply. Cancel monthly.
Galicia ten máis de 30.000 aldeas. En cada unha delas hai unha historia que non está en ningún arquivo. Vive nas persoas. Contamos Galicia chega cun micrófono e deixa que sexan os propios veciños e veciñas os que a conten. Cada episodio, unha aldea. Cada aldea, a súa xente. Dispoñible para sempre.Arquivo de memoria oral Social Sciences
Episodes
  • San Pedro de Sarandón | Voces que sosteñen a aldea.
    30 Oct 2026

    En Contamos Galicia imos aldea por aldea buscando as historias que ninguén gravou. Hoxe chegamos a San Pedro de Sarandón, parroquia do concello de Vedra (A Coruña), na beira do Ulla.

    Arredor da mesma mesa, veciñas e veciños de toda a vida comparten a memoria do lugar: as vellas escolas que ergueron os emigrantes cos aforros que mandaban desde lonxe, as mulleres que criaron fillos e traballaron a terra sen descanso, e os traxectos sen retorno de quen marchou e nunca esqueceu a súa orixe.

    Desa historia naceu unha lección que aínda hoxe resoa nas voces da aldea: quen coñeceu a pel do emigrante entende ben a dor do que hoxe chega buscando futuro.

    🎙️ Contamos Galicia — arquivo de memoria oral das aldeas galegas.

    Este episodio es una actividad subvencionada por el Ministerio de Cultura.

    Show more Show less
    24 min
  • Contamos Galicia | A Ermida. Un fío invisible sobre a ladeira do Miño.
    17 Sep 2026

    En Contamos Galicia imos aldea por aldea buscando as historias que ninguén gravou. Hoxe chegamos á Ermida, na parroquia de San Bartolomeu de Belesar (Chantada, Lugo), un enclave de pedra e viñedo suspendido sobre as ladeiras máis empinadas da Ribeira Sacra.

    Contamos Galicia volveu xuntar arredor da mesma mesa a Rogelio, Magdalena, María del Carmen, Pepe, Berta, Luis, Olga, Esair e Digna, para compartir a memoria íntima do lugar: a infancia sen luz nin estradas, a casa e a corte baixo o mesmo teito, os que marcharon a Arxentina e Alemaña, a retranca lendaria de Justito, e a chegada de Esair desde Marrocos, que atopou na aldea un novo fogar.

    Un episodio sobre o traballo da terra, a emigración, a soidade e o orgullo de quen decidiu quedar.

    🎙️ Contamos Galicia - arquivo de memoria oral das aldeas galegas.

    Este episodio es una actividad subvencionada por el Ministerio de Cultura.

    Show more Show less
    34 min
  • Voces do Retorno (I): construír memoria na Xuntanza MERLO 2026
    13 Jul 2026

    Contamos Galicia naceu para ir ao rescate da memoria oral nas aldeas galegas. Pero a migración non se detén, transfórmase: os retornados de hoxe son os emigrantes do presente.Voces do Retorno é o especial gravado na Xuntanza MERLO 2026 (Programa Merlo).Participaron o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; Alejandro López Dobarro, delegado da Xunta de Galicia en Buenos Aires; Begoña Solís Domínguez, subdirectora xeral de Retorno; e Luis García Deber, director da Fundación Ronsel. Tamén estiveron presentes mentores, mentoras e mentorizados da edición 2026 do Programa MERLO.Houbo palabras das autoridades, do delegado en Buenos Aires, do director da Fundación, e David Esquenazi Bouzas presentou o proxecto Contamos Galicia.Durante o encontro montouse un set de gravación onde participantes e autoridades deixaron os seus testemuños diante do micrófono. Todos xuntos conforman este podcast.




    Show more Show less
    23 min
adbl_web_anon_alc_button_suppression_t1
No reviews yet